InicioLugo e contornaPontón presenta o BNG como "o motor que necesita Lugo para pór...

Pontón presenta o BNG como “o motor que necesita Lugo para pór en marcha todo o seu potencial”

A portavoz nacional do Bloque arroupou este mércores ao candidato da formación á Alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou que a formación frontista é “o motor que necesita Lugo para pór en marcha todo o seu potencial”, xa que a cidade atópase agora “paralizada e sen rumbo”.

Pontón arroupou este mércores ao candidato do Bloque á Alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, que indicou como “prioridades” do seu programa a recuperación do centro histórico, a modernización do transporte urbano e “máis” peonalización de rúas.

Todo iso, segundo Arroxo, para conseguir “un Lugo do que sentir orgullo”, algo que para o nacionalista “non vai conseguir nin o actual goberno local, nin o enviado de Feijóo que non quere ser alcalde, nin aqueles que tanto prometían e que foron desilusionando polo camiño”.

A líder frontista destacou que o BNG conta con “un equipo cualificado” liderado por unha persoa “capaz de pór en marcha o cambio que necesita esta cidade”. Así, fixo un chamamento aos veciños lugueses a “non caer na resignación, a confiar que se poden facer as cousas mellor, que hai un novo proxecto de cidade esperando a porse en marcha”.

ÚLTIMAS

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...

Alugueres “alcanzables” en Lugo e penalización a propietarios con vivenda baleira

Lugo contará cun ambicioso Plan Municipal de Vivenda, unha folla de ruta que busca...

Seis meses de prisión para o xerente dunha empresa por delito de lesións nun traballador

O xerente dunha empresa vinculada á construción de Lugo aceptou este xoves unha pena...