InicioLugo e contornaA alcaldesa de Lugo reitera a necesidade dun novo xulgado do Social...

A alcaldesa de Lugo reitera a necesidade dun novo xulgado do Social polo colapso xudicial

Segue insistindo nunha entrevista coa ministra de Xustiza "o máis axiña posible".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, volveu a reivindicar este mércores a necesidade dun novo xulgado do Social para a cidade, dada a situación de “colapso” que sofren o tres existentes, que están a fixar silanamentos para 2021.

“É necesario, posto que os datos así o reflicten”, dixo a rexedora, que apuntou a “sensibilidade” destes órganos por “as circunstancias que atende”, en referencia á conflitividade laboral.

A alcaldesa explicou que, “independentemente” de que se solicitase ou non por parte da Xunta, “o sector xurídico e a avogacía así o demandan para Lugo”. “E eu sempre defenderei os intereses de Lugo por encima de todo”, resolveu.

Lara Méndez argumentou que realizará esta defensa por encima “de intereses partidistas”, á vez que asegurou que segue insistindo “nesa entrevista coa ministra (de Xustiza) o máis axiña posible, para trasladarlle persoalmente a necesidade do devandito xulgado do Social”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...