InicioLugo e contornaO home xulgado por violar a súa exparella nega os feitos e...

O home xulgado por violar a súa exparella nega os feitos e atribúe a denuncia aos “celos”

A Fiscalía pide 24 anos de prisión para este home, quen supostamente lle dicía á muller: "Non me vas denunciar e, se me denuncias, ninguén te vai crer".

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- Un home acusado de violar e maltratar a súa exparella en Lugo, para quen o ministerio fiscal pide unha pena de 24 anos e 10 meses de prisión, negou os feitos que se lle imputan. Na vista oral que comezou este mércores na Audiencia Provincial, atribuíu a denuncia da muller aos celos que ela sentía logo de que el iniciara unha relación con outra persoa.

No xuízo, o acusado asegurou que “nunca” violou a súa exparella e que tampouco a maltratou, polo que atribuíu a denuncia aos celos que sentía a muller. Segundo o seu testemuño, mesmo chegou a ameazalo con mensaxes de WhatsApp nos que lle dicía que ía “estragarlle a vida”.

A acusación particular retirouse da causa, despois de que o procesado fixese efectivo o pago dunha indemnización de 13.000 euros que lle reclamaba a vítima.

“NINGUÉN TE VAI CRER”

A causa procede do Xulgado de Instrución número 3 de Lugo e a Fiscalía reclama para o acusado unha pena de 24 anos e 10 meses de prisión por un delito de violación, un delito de malos tratos habituais e outro de violación de morada en concurso medial cun delito de violación. Ademais da pena de cárcere, o ministerio público reclama que se lle prohiba ao acusado achegarse ou comunicarse coa suposta vítima durante 23 anos.

Segundo o escrito de acusación, o procesado mantivo até 2013 unha relación sentimental coa presunta vítima, unha relación na que ela estaba ameazada por el, dado que “frecuentemente” lle dicía que ía facerlle dano aos seus fillos e á súa familia se o deixaba.

Unha vez finalizou esa relación, segundo o ministerio público, o acusado volveuse “violento, posesivo, controlador e agresivo”. En dúas ocasións, logrou acceder ao domicilio da vítima, onde a violou.  “Total, non me vas denunciar, e se me denuncias ninguén te vai crer”, dicíalle supostamente o agresor á muller.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...