- Advertisement -
A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata 76.679 pitos de engorde, na parroquia de Guldriz, en Friol (Lugo). O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o anuncio da Dirección Xeral de Calidade Ambiental polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto.
En concreto, é unha iniciativa que promove Gandaría García Viña e a Xunta conclúe que a ampliación é “ambientalmente viable sempre que se cumpran o condicionado e o programa de vixilancia ambiental” do documento.
