InicioSucesosDous anos de prisión e multa de 2.195 euros por tentar introducir...

Dous anos de prisión e multa de 2.195 euros por tentar introducir cocaína e haxix no cárcere de Bonxe

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha moza acusada de tratar de introducir cocaína e haxix no centro penitenciario de Bonxe aceptou unha condena de dous anos de prisión e unha multa de 2.195 euros tras chegar a un acordo de conformidade coa Fiscalía na Audiencia Provincial de Lugo.

Os feitos remóntanse ao 7 de agosto de 2025, cando, sobre as 15.15 horas, a acusada se dirixiu ao cárcere de Bonxe, onde se atopaba interno quen daquela era a súa parella. Segundo o escrito de acusación do Ministerio Fiscal, levaba agochados nas cavidades corporais catro fragmentos de resina de cannabis, cun peso de 68,124 gramos e un valor estimado no mercado ilícito de 456,43 euros, así como 7,432 gramos de cocaína, cunha pureza do 94,4 % e un valor de 2.196,78 euros.

A Fiscalía considera que estes feitos constitúen un delito contra a saúde pública por tráfico de substancias que causan grave dano á saúde, ao tratarse de cocaína, ademais de haxix. Inicialmente, o Ministerio Público solicitaba para a acusada cinco anos de prisión e unha multa de 5.000 euros. Porén, durante a audiencia previa celebrada este luns as partes acadaron un acordo que rebaixou a condena a dous anos de cárcere e fixa a sanción económica na metade.

A ausencia de antecedentes penais da moza permitiu acordar a suspensión da pena de prisión, polo que non terá que ingresar nun centro penitenciario, co compromiso de non delinquir nos próximos dous anos.

+ posts

ÚLTIMAS

Detidas dúas persoas en Lugo por cometer furtos en establecementos comerciais

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home e a unha muller...

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...

Piden cinco anos de cárcere para unha moza por introducir droga no cárcere de Bonxe

A Audiencia Provincial de Lugo acolle este luns, 16 de novembro, unha vista preliminar...

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...