Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home e a unha muller como presuntos autores dun delito de furto en establecementos comerciais.A intervención iniciouse tras un aviso á sala CIMAC do 091, por intentos de furto en comercios da zona centro de Lugo. Os axentes desprazáronse ata alí e comprobaron que había varios establecementos afectados.
Coa descrición facilitada, os policías iniciaron a procura e localizaron aos dous supostos autores dos feitos nas inmediacións. Os sospeitosos levaban consigo efectos que acababan de ser subtraídos nos comercios da zona.Así mesmo, a Policía comprobou que ambos tiñan condenas previas por delitos da mesma naturais, e procedeu á súa detención.
