Home Sucesos Buscan un condutor que atropelou un menor que ía en patinete na cidade de Lugo

Buscan un condutor que atropelou un menor que ía en patinete na cidade de Lugo

0
Buscan un condutor que atropelou un menor que ía en patinete na cidade de Lugo
Axentes da Policía Local de Lugo.. POLICÍA LOCAL DE LUGO

Un menor de idade resultou ferido este martes en Lugo tras ser atropelado por un turismo cuxo condutor abandonou o lugar do accidente sen prestarlle axuda. O sinistro produciuse pouco antes das 20.30 horas no cruzamento das rúas Juana la Loca e Camiño Verde, no barrio do Castiñeiro.

O mozo, que circulaba nun patinete eléctrico, tivo que ser trasladado a un centro hospitalario para recibir atención médica. Segundo os testemuños recolleitos no lugar, o vehículo implicado é de cor branca e podería tratarse dun Seat Ibiza ou un Seat León.

A Policía Local de Lugo abriu unha investigación para identificar o condutor e localizar o turismo. De feito, fontes policiais aseguran que están a realizar xestións para dar co seu paradoiro.

+ posts