Home Sucesos Reabren a A-6 despois de envorcar un camión á altura de Lugo e que obrigou cortar o tráfico

Reabren a A-6 despois de envorcar un camión á altura de Lugo e que obrigou cortar o tráfico

0
Reabren a A-6 despois de envorcar un camión á altura de Lugo e que obrigou cortar o tráfico
Estrada A-6 | Acciona

A circulación na A-6, entre os kms 507 e 497 en sentido Madrid (á altura de Lugo), quedou restablecida tras a retirada dun camión que envorcou á primeira hora da mañá, e que obrigou a cortar ese tramo ao tráfico, e a habilitar un desvío.

Con todo, segundo confirmou a Garda Civil, permanecerá cortado o carril esquerdo para a realización de tarefas de reparación da barreira de seguridade que resultou danada.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, sobre as 4.30 horas da madrugada un particular alertaba da presenza dun camión envorcado no medio da vía, na A-6, á altura de San Salvador de Muxa. Inicialmente pensábase que o condutor podería estar atrapado.

Efectivos do parque comarcal de bombeiros acudiron ao momento, e comprobaron que o camioneiro non estaba atrapado, pero non podía abandonar a cabina do vehículo, xa que as portas non abrían. Os bombeiros facilitaron a apertura para que o condutor puidese saír e ser atendido polo equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, antes do seu traslado a un centro sanitario.

+ posts