Home Política 29N-Besteiro deixa en mans dos militantes e da organización a candidatura de Orozco ao Senado

29N-Besteiro deixa en mans dos militantes e da organización a candidatura de Orozco ao Senado

0
29N-Besteiro deixa en mans dos militantes e da organización a candidatura de Orozco ao Senado
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, nun acto en Lugo. PSDEG

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou, ao ser cuestionado sobre a posible candidatura do exalcalde de Lugo, José López Orozco, ao Senado, que “o valorarán os militanes e a organización”.

Foi con motivo da súa presenza en Lugo, no San Froilán, e a preguntas dos xornalistas a este respecto. “Non serei eu quen non valore todas as propostas, a de Orozco e a do resto que se propoñen para os postos de candidatura”.

Besteiro, que insistiu en que o seu “compromiso” con Galicia está nesta autonomía e non como candidato ao Congreso, apelou, mentres, ao “voto útil” nestas eleccións.

Así, instou a que a xente “vote con racionalidade” ao existir, dixo, nestes comicios “dous modelos”: o “valor” do PSOE ou a “ameaza real dun goberno de dereita e ultradereita”.

+ posts