Home Lugo e contorna Lugo Lugo na media de recollida de envases en Galicia con 16 quilos por habitante

Lugo na media de recollida de envases en Galicia con 16 quilos por habitante

0
Lugo na media de recollida de envases en Galicia con 16 quilos por habitante

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión de carácter técnico con Bruno de Llano Gómez-Ulla, representante de Ecoembes en Galicia, e co xefe do Servizo de Medio Ambiente do Concello, Miguel Negral, na que se presentaron novas accións e proxectos para mellorar a recollida de residuos e impulsar a correcta separación dos envases na cidade.

As propostas presentadas concretaranse nos próximos días, co obxectivo de seguir facilitando a correcta separación dos residuos e fomentar a colaboración da cidadanía.

A recollida media de envases en Galicia sitúase en 16 quilos por habitante, e Lugo atópase actualmente nesa mesma media. O obxectivo do Concello é seguir mellorando estes datos e avanzar na recollida selectiva de envases na cidade.

O Concello de Lugo continuará traballando nesta liña para mellorar a recollida, fomentar a reciclaxe e contribuír a manter unha cidade máis limpa e sostible.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here