Home Lugo e contorna Lugo O Punto Violenta amplía o seu horario durante o San Froilán

O Punto Violenta amplía o seu horario durante o San Froilán

0
O Punto Violenta amplía o seu horario durante o San Froilán

O Concello reforzará este ano o servizo do Punto Violeta, que amplía en unha hora o seu horario e duplica os recursos destinados á atención durante as principais xornadas das festas.

O servizo contará cun punto fixo na Praza Fernando de Casa Novoa, ao fondo da Praza Maior, atendido permanentemente por un mínimo de dous profesionais especializados, incluíndo persoal de psicoloxía e traballo social, para ofrecer información e atención ás posibles vítimas de agresións sexistas, garantindo a súa intimidade, protección e confidencialidade.

O dispositivo contará tamén cun equipo itinerante, debidamente identificado, que, como xa se fixo no Arde Lucus, se desprazará polos diferentes espazos onde se desenvolvan as festas e polas zonas de ocio nocturno, facilitando que este recurso estea máis próximo ás persoas que poidan necesitalo.

O Punto Violeta estará operativo os días 4, 9, 10 e 11 de outubro, en horario de 21:00 a 04:00 horas e o día 5 de outubro de 21.00 a 3.00 horas.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here