Home Lugo e contorna Lugo Novo curso de cestaría no programa Mans Artesás

Novo curso de cestaría no programa Mans Artesás

0
Novo curso de cestaría no programa Mans Artesás

O curso de cestaría do programa Mans Artesás comezou en Labio na tarde deste xoves organizado pola Vicepresidencia da Deputación.

Trátase dun curso de cestaría, impartido por Beatriz Valín, na que as participantes adquirirán coñecementos e habilidades básicas deste oficio tradicional facendo as súas propias pezas. A actividade prolongarase durante o mes de outubro, con sesións de catro horas todos os martes.

Iria Castro destacou que o programa Mans Artesás tivo “unha acollida extraordinaria por parte de asociacións de toda a provincia que incorporan estas actividades formativas ás súas programacións” e puxo en valor “os momentos de aprendizaxe e de convivencia que se dan arredor dos cursos, nos que vemos que hai unha participación moi activa”

O programa Mans Artesás, que se puxo en marcha este ano, leva cursos, demostracións e obradoiros de artesanía a todo a provincia, atendendo ás demandas de colectivos culturais e veciñais.

A convocatoria  amplía o apoio que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo ofrece á artesania, un sector que conserva, difunde e actualiza coñecementos e técnicas que forman parte do noso patrimonio inmaterial e que desenvolve unha actividade económica sostible, ligada ao territorio e ao consumo responsable.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here