InicioMedioambiente e PatrimonioUn petroglifo único en Europa sae á luz en Lugo: representa o...

Un petroglifo único en Europa sae á luz en Lugo: representa o fondo dunha cabana de 40 metros cadrados

A cuarta campaña arqueolóxica en Santa María Magdalena de Adai afonda nunha “paisaxe sagrada” que suma novos abrigos, mámoas e gravados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tras os traballos desenvolvidos no Corro dos Mouros entre 2023 e 2025, a cuarta campaña de escavacións na parroquia de Santa María Magdalena de Adai, en Lugo, afonda agora no estudo de dous abrigos arqueolóxicos de especial relevancia. Un deles, coñecido como Pena Travesa, conta cun petroglifo con deseños complexos de cazoletas na parte superior da rocha.

O outro alberga un petroglifo único en Europa, cun gravado que representa o fondo dunha cabana duns 40 metros cadrados e que, segundo explica a directora dos traballos, a profesora da USC e investigadora do CISPAC Pilar Prieto, “permitirá completar o coñecemento dunha paisaxe sagrada”. A investigación complétase coa catalogación de seis mámoas e dous novos petroglifos, que amplían o coñecemento arqueolóxico da zona.

Para finais de setembro está prevista ademais unha prospección xeofísica co obxectivo de tratar de identificar restos de estruturas arqueolóxicas no subsolo e poder organizar así futuras investigacións neste espazo. Os traballos desta cuarta campaña comezaron o pasado 31 de agosto e rematarán o 18 de setembro.

No marco da iniciativa, o 17 de setembro, ás 17.00 horas, realizarase unha visita guiada de acceso libre polos xacementos escavados de Penas do Caldeiro. Esta campaña está financiada polo proxecto ‘RODAS – Xacementos funerario-rituais singulares do Final da Idade do Bronce á Idade de Ferro no Noroeste Ibérico’.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...