InicioLugo e contornaLugoA Casa do Concello será punto de prepulseración do Caudal Fest

A Casa do Concello será punto de prepulseración do Caudal Fest

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Deportes, Damián Carballo, recibiron a Xoán Rosa Valcárcel e Ian Alejandro Pulido González, dous novos deportistas lucenses que están a destacar no parakarate.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión co director de Comunicación do Caudal Fest, Esteban Girón, na que acordaron habilitar a Casa do Concello como punto de prepulseración do festival.

A iniciativa permitirá que as persoas asistentes poidan colocarse previamente a pulseira antes de acudir ao recinto. Deste xeito, unha vez no festival, poderán dirixirse directamente ao control de seguridade, reducindo os tempos de espera e facendo máis áxil a entrada.

A prepulseración realizarase na oficina situada na planta baixa da Casa do Concello durante os días mércores 16 e xoves 17 de setembro, nas xornadas previas á celebración do festival.

A medida está especialmente pensada para facilitar a participación da veciñanza de Lugo e contribuír a unha experiencia máis cómoda para as persoas que acudan ao Caudal Fest.

O festival celebrarase en Lugo os días 18 e 19 de setembro e reúne cada ano na cidade a milleiros de persoas, consolidándose como unha das grandes citas musicais do calendario lucense. Con esta colaboración, o Concello e a organización do Caudal Fest incorporan unha medida práctica para mellorar a experiencia do público e facer máis fluída a entrada ao recinto.

 

RECIBIMENTO COMPETIDORES PARAKARATE

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Deportes, Damián Carballo, recibiron a Xoán Rosa Valcárcel e Ian Alejandro Pulido González, dous novos deportistas lucenses que están a destacar no parakarate.

Xoán, de 9 anos, compite na categoría K30 e vén de sumar unha tempada chea de éxitos. É Grand Winner da Liga Galega en 2025 e 2026, Grand Winner da Liga Nacional 2025, campión de España Infantil 2026 e campión da Copa Internacional de España de Parakarate 2025.

Ian, tamén de 9 anos, compite na categoría K23. En 2026 proclamouse Grand Winner da Liga Galega e subcampión de España de Parakarate.

Durante o encontro, Candia e Carballo felicitaron aos dous polos resultados acadados e polo esforzo que hai detrás de cada competición. A recepción serviu tamén para compartir con eles e coas súas familias un momento de recoñecemento ao seu camiño deportivo.

A alcaldesa sinalou que “son dous grandes embaixadores de Lugo” e aseguroulles que o Concello seguirá ao seu carón para celebrar cada novo paso.

+ posts

ÚLTIMAS

A residencia das Gándaras, en Lugo, supera os 9 millóns de investimento: máis habitacións individuais e melloras na seguridade

O Goberno galego deu luz verde este luns ao expediente de gasto da modificación...

Dous anos de prisión e multa de 2.195 euros por tentar introducir cocaína e haxix no cárcere de Bonxe

Unha moza acusada de tratar de introducir cocaína e haxix no centro penitenciario de...

Detidas dúas persoas en Lugo por cometer furtos en establecementos comerciais

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home e a unha muller...

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...