InicioLugo e contornaLugoActuación de urxencia do Concello de Lugo para eliminar o risco de...

Actuación de urxencia do Concello de Lugo para eliminar o risco de desprendemento dun inmoble no Carme

O muro de Frigsa permanece valado como medida preventiva desde hai meses, mentres o Concello avanzou nos traballos técnicos necesarios para definir a actuación que permita acometer a súa reparación.

PUBLICADA O

O Concello de Lugo actuou de oficio e con carácter de urxencia ante o risco inminente de desprendemento dunha parte dun inmoble situado no barrio do Carme, despois de detectarse hai uns días a apertura dunha greta nunha medianeira.
Para atallar con celeridade o risco de caída, o Concello procedeu á retirada da galería e da parte do muro afectada, eliminando así os elementos que presentaban perigo e garantindo a seguridade na contorna.
O inmoble presentaba desde hai tempo un avanzado estado de deterioro e, ante a falta de actuación da propiedade, seguiu os procedementos e trámites legais necesarios para poder intervir ante esta situación de risco.
O custo dos traballos será reclamado á propiedade, de acordo coa normativa aplicable. Esta actuación forma parte da folla de ruta do Goberno municipal ante os inmobles que presentan problemas de conservación: por unha banda, facilitar e favorecer a rehabilitación dos edificios sempre que sexa posible e, por outra, actuar de oficio cando exista un risco para a seguridade e a propiedade non acometa as actuacións necesarias, especialmente para salvagardar a seguridade das persoas e dos inmobles da súa contorna.
MURO DE FRIGSA
O muro de Frigsa permanece valado como medida preventiva desde hai meses, mentres o Concello avanzou nos traballos técnicos necesarios para definir a actuación que permita acometer a súa reparación. Dende a chegada do novo equipo de goberno, o Concello contratou e realizou un estudo xeotécnico para analizar o estado real do núcleo do muro e coñecer o alcance do problema.

Tras este estudo, foi necesario afondar na análise mediante unha cata, realizada para completar a información técnica e coñecer con maior precisión o estado do muro. Os traballos feitos permitiron comprobar que a intervención necesaria terá un maior alcance do inicialmente previsto.

Agora, os técnicos están a valorar toda a información obtida no estudo xeotécnico e na cata para definir a actuación máis axeitada e poder acometer posteriormente a reparación definitiva do muro.
+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...