InicioLugo e contornaLugoCandia pon en valor a publicación no DOG da declaración da ARI...

Candia pon en valor a publicación no DOG da declaración da ARI da Milagrosa e Feijoo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, compartiu esta mañá esta resolución cos veciños da Milagrosa, nun encontro no que tamén participaron o delegado da Xunta en Lugo, o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo e representantes do equipo de goberno municipal.

PUBLICADA O

A publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) da resolución pola que se declara a Área de Rehabilitación Integral (ARI) da Milagrosa e Feijoo abre unha nova etapa para a mellora e transformación destes dous barrios de Lugo.

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, compartiu esta mañá esta resolución cos veciños da Milagrosa, nun encontro no que tamén participaron o delegado da Xunta en Lugo, o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo e representantes do equipo de goberno municipal.

A nova ARI abrangue 4.043 vivendas repartidas en 1.025 edificios e permitirá avanzar na rehabilitación de edificios e vivendas e na mellora dos espazos públicos desta contorna.

As actuacións poderán contar con axudas de ata 54.000 euros por vivenda para intervencións comúns nos edificios, como fachadas, cubertas ou ascensores, e de ata 25.000 euros para actuacións no interior das vivendas, segundo as condicións das correspondentes convocatorias. Ademais, existe a posibilidade de destinar fondos á mellora dos espazos públicos.

Elena Candia destacou que a declaración da ARI supón “un novo impulso para unha zona da cidade con moito futuro” e sinalou que o obxectivo é que esta ferramenta se traduza en máis rehabilitación, mellores espazos públicos e unha mellor calidade de vida para a veciñanza.
“Hoxe damos un paso importante, pero seguimos traballando para que este proxecto se converta en realidade e para que as oportunidades que abre a ARI cheguen aos veciños e veciñas da Milagrosa e Feijoo”, afirmou.
+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...