InicioLugo e contornaLugoRecuperada a rede semafórica de Lugo e as vivendas contan xa con...

Recuperada a rede semafórica de Lugo e as vivendas contan xa con servizo eléctrico tras a treboada da madrugada

O temporal, que comezou pasada a medianoite, estivo acompañado de fortes choivas, refachos de vento e unha intensa actividade eléctrica que provocou numerosas incidencias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A rede semafórica da cidade de Lugo volveu estar plenamente operativa ás 12.00 horas despois dos traballos realizados durante a madrugada para paliar os efectos dunha das treboadas máis intensas que se lembran na cidade.

O temporal, que comezou pasada a medianoite, estivo acompañado de fortes choivas, refachos de vento e unha intensa actividade eléctrica que provocou numerosas incidencias.

Segundo informou o Concello, os problemas que aínda persisten na iluminación pública iranse solucionando de maneira progresiva ao longo da xornada.

Así mesmo, estaba previsto que ás 14.30 horas queda restablecido por completo a subministración eléctrica nos fogares que continuaban sen luz, ao redor dun centenar.

Un dos raios rexistrados durante a treboada provocou unha avaría que deixou inicialmente sen subministración eléctrica a 934 abonados. O servizo recuperouse practicamente na súa totalidade ao redor das 4.00 horas, aínda que un centenar de clientes permanecían aínda á primeira hora da mañá sen electricidade.

A treboada tamén causou importantes danos na rede semafórica e na iluminación pública. De feito, viuse afectada practicamente toda a rede de semáforos da cidade, con incidencias localizadas en San Roque, Rolda da Muralla, Rolda de Mercedes, avenida das Américas, Augas Férreas, Ramón Ferreiro, Rolda de Fingoi, Adolfo Suárez e avenida da Coruña.

En canto á iluminación, rexistráronse problemas en zonas como Fonte dos Ranchos e Castelo de Arriba.

Os servizos municipais de Bombeiros, Policía Local e eléctricos foron mobilizados desde as primeiras horas da madrugada para facer fronte ás consecuencias do temporal e recuperar a normalidade.

Os efectivos tiveron que intervir en numerosos puntos da cidade para retirar árbores, ramas e outros elementos que supuñan un risco para a circulación e a seguridade dos peóns.

Entre as incidencias atendidas figura unha árbore danada na Rolda de Fingoi, así como outro exemplar que quedou a piques de caer nesta mesma zona. Tamén se retiraron árbores caídas en Seoane e San Xoán do Campo, San Julián de Bocamaos, a Estrada Vella de Santiago, O Burgo, Bagueixos, Calde e Adai.

Os traballos de emerxencia estendéronse igualmente á estrada do Intre, onde se localizaron cables sobre a calzada; ao Camiño de Gustavo, pola caída dun poste; e a Louzaneta, onde houbo ramas sobre a vía. En Fervedoira tamén foi necesaria a retirada de ramas da vía pública.

O temporal deixou ademais outras incidencias de menor entidade, como laxas soltas en Perpetuo Socorro e danos nun alpendre en Soñar. Os equipos municipais continuaron traballando durante a mañá para garantir a seguridade e restablecer os servizos afectados.

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, agradeceu aos funcionarios municipais o traballo desenvolvido desde a madrugada e destacou a súa rápida resposta ante as numerosas incidencias provocadas pola treboada.

O Concello pediu ademais á cidadanía que extremase as precaucións mentres continuaban os labores de limpeza, reparación e recuperación dos servizos afectados.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...