InicioCulturaA Vicepresidencia da Deputación apoia a rapa das bestas de Pena do...

A Vicepresidencia da Deputación apoia a rapa das bestas de Pena do Pico, en Becerreá, o sábado 8 de agosto

A iniciativa conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que achegou 10.000 euros para a organización das actividades previstas e para a compra e instalación dun curro móbil

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tras dous anos realizando de forma comunitaria os traballos de rapa e marcado dos seus animais coincidindo coa romaría de San Lourenzo, a asociación gandeira Seara Verde de Becerréa apostou este ano pola consolidación dunha rapa das bestas aberta ao público que se celebrará o sábado -8 de agosto- en Pena do Pico, na parroquia de Penamaior.

A iniciativa conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que achegou 10.000 euros para a organización das actividades previstas e para a compra e instalación dun curro móbil.  As ganderías prevén realizar mañá venres os traballos de montaxe da nova estrutura metálica, na que realizarán os raballos de curo, marcaxe a frío e microchipado dos novos exemplares de Pura Raza Galega.

O sábado, coincidindo coa romería de San Lourenzo, celebrarán a rapa. Pola mañá conducirán os animais ata o curro da ermida e pola tarde, tras un xantar popular, as aloitadoras e aloitadores entrarán no curro para a rapa das bestas.

Co impulso da rapa, as ganderías de Seara Verde, que promoveron a subida deportiva popular a cabalo á romería de San Lourenzo e contribuiron ao estudo e adaptación da trazado da vía Kuning para cabalo, seguen avanzando na divulgación da cultura do cabalo e da gandería extensiva na comarca dos Ancares.

Programa

Venres 7

10.00 a 14.00 h. Montaxe do curro, marcaxe a frío e microchipado os novos exemplares PRG. Apuntarse para acudir de voluntario

Sábado 8

10. 00 h. Saída a cabalo dende o Mosteiro de Penamaior para achegar as greas ata o curro da ermida.

12.00 h. Misa na honra de San Lourenzo

12.30 h. Sesión vermú

14.00 h. Xantar popular

16.00 h. Rapa e desparasitación das bestas

+ posts

ÚLTIMAS

Candia presume do éxito do Caudal Fest tras xuntar a “40.00 persoas”

O Caudal Fest pechou este fin de semana a súa oitava edición con preto...

O PP denuncia que Lugo sexa “a única provincia sen posto principal da Garda Civil”: “É unha discriminación máis”

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

Acusado de introducir droga no cárcere de Bonxe tras regresar dun permiso penitenciario

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro venres a audiencia preliminar do caso...

Un home enfróntase a máis de 18 anos de cárcere por malos tratos, ameazas e agresión sexual á súa parella

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro xoves o xuízo contra un home...