Home Cultura Apoio da Vicepresidencia da Deputación ao Verbena Fest que se celebra este

Apoio da Vicepresidencia da Deputación ao Verbena Fest que se celebra este

0
Apoio da Vicepresidencia da Deputación ao Verbena Fest que se celebra este

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro participou na presentación do Verbena Fest, que se celebrará este venres – 31 de xullo- e sábado -1 de agosto- no Meigallo, en Sarria.

9 Louro, Fillas de Cassandra, Monoulious DOP, Cora Yako, Portosanto, Lumedoloop, Saha&Ryu,Taín e Grande Osso completan o cartel da oitava edición do festival, que conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Efrén Castro amosou o apoio da Vicepresidencia da Deputacion ao festival, “unha mostra máis do dinamismo e da enerxía da mocidade e do tecido asociativo e hosteleiro de Sarria, que enche a vila de actividade musical e cultural” e encadrou a colaboración co festival “no apoio que as áreas da Vicepresidencia ofrecen ao tecido asociativo, ao tempo que se impulsa a presenza de bandas galegas en festivais e citas musicais en todo o territorio”.

A Terraza do Meigallo contará cun espazo de venda de artesanía e merchandasing para recadar fondos para axuda directa a Gaza.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here