Home Lugo e contorna Lugo Candia reúnese cos veciños de Rosalía de Castro-Recatelo para presentar o proxecto da residencia de maiores

Candia reúnese cos veciños de Rosalía de Castro-Recatelo para presentar o proxecto da residencia de maiores

0
Candia reúnese cos veciños de Rosalía de Castro-Recatelo para presentar o proxecto da residencia de maiores

 

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, celebrou unha reunión coa Asociación de Veciños Parque Rosalía de Castro-Recatelo dentro da rolda de encontros que o Goberno municipal vén mantendo cos distintos colectivos veciñais para coñecer as necesidades de cada barrio e compartir os proxectos que contribuirán á súa transformación.

Durante o encontro, a alcaldesa presentou aos representantes veciñais o proxecto básico e de execución da futura residencia para persoas maiores que a empresa Ballesol S.A. promoverá entre as rúas Cidade de Viveiro e Isaac Díaz Pardo.

Esta iniciativa privada suporá un investimento de 10,9 millóns de euros e permitirá crear unha residencia con 115 prazas, ampliando a oferta de atención ás persoas maiores, xerando emprego e contribuíndo á dinamización desta contorna da cidade. O proxecto contempla ademais dous sotos destinados a aparcadoiro, un primeiro con 25 prazas e un segundo con 52 prazas.

Durante a reunión tamén se informou á entidade veciñal dos avances da Mesa de Seguridade e das actuacións previstas para mellorar a convivencia en distintos puntos do barrio, especialmente na contorna da rúa Vilalba, así como das medidas que se impulsarán para reforzar a seguridade e a calidade de vida da veciñanza.

Ademais, Concello e asociación abordaron outras actuacións prioritarias para Recatelo:

  • Recuperar a caseta do gardés do Parque Rosalía de Castro para destinala a local social da Asociación de Veciños.
  • Reparar o pavimento deteriorado das zonas peonís para mellorar a seguridade dos peóns.
  • Reforzar a limpeza do barrio, especialmente a eliminación de grafitis na rúa Recatelo.
  • Continuar impulsando a declaración do Parque Rosalía de Castro como Ben de Interese Cultural (BIC).
  • Intensificar o control dos vehículos que utilizan a zona peonil como atallo.
  • Apoio ás festas do barrio que se celebrarán no mes de setembro
  • Solución das augas fecais do calexón que une rúa Santiago con Cidade de Viveiro
+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here