InicioMedioambiente e PatrimonioControlado o incendio de Guntín que se mantén en 30 hectáreas calcinadas

Controlado o incendio de Guntín que se mantén en 30 hectáreas calcinadas

A Consellería de Medio Rural deu por controlado o incendio forestal rexistrado este martes na localidade lucense de Guntín e que calcinou unhas 30 hectáreas de superficie, segundo as últimas estimacións provisionais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Medio Rural deu por controlado o incendio forestal rexistrado este martes na localidade lucense de Guntín e que calcinou unhas 30 hectáreas de superficie, segundo as últimas estimacións provisionais.

Tal e como detallou o departamento autonómico, o lume, iniciado na parroquia de Sirvián, quedou controlado ás 16.22 horas deste mércores.

Para a súa extinción mobilizáronse, polo momento, 2 técnicos, 20 axentes, 23 brigadas, 19 motobombas, 3 pas, 5 helicópteros e 3 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Á súa vez, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...