InicioSucesosDeteñen unha muller en Lugo por apuñalar outra á saída dun pub

Deteñen unha muller en Lugo por apuñalar outra á saída dun pub

A vítima precisou puntos de sutura tras unha agresión con arma branca rexistrada de madrugada na zona da Mariña Española

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller foi detida en Lugo como presunta autora dunha agresión con arma branca a outra muller á saída dun pub da cidade. O suceso produciuse arredor das 5:30 horas desta madrugada na zona da Mariña Española, segundo confirmaron fontes da Policía Nacional e tamén o servizo de emerxencias 112.

A alerta chegou aos servizos de emerxencias a través dunha persoa que informou de que unha muller necesitaba asistencia sanitaria tras ser atacada cunha arma branca. Ata o lugar desprazáronse efectivos policiais, que procederon á detención da presunta agresora.

A vítima tivo que recibir atención médica polas feridas sufridas e, segundo as fontes consultadas, necesitou puntos de sutura. No episodio estiveron implicadas dúas mulleres, unha de nacionalidade venezolana e outra colombiana, ambas con idades comprendidas entre os 20 e os 30 anos.

OUTRO ARRESTO POR RESISNTECIA

Ademais da detención da presunta autora do apuñalamento, a Policía Nacional arrestou tamén outro individuo que, segundo as mesmas fontes, tentou impedir a actuación dos axentes de maneira violenta.

Finalmente, este home foi detido como presunto autor dun delito de resistencia e desobediencia á autoridade. A intervención policial desenvolveuse no marco da resposta ao aviso recibido polos servizos de emerxencias tras a agresión.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...