InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo expropiará terreos de ABANCA para construír o centro...

O Concello de Lugo expropiará terreos de ABANCA para construír o centro de saúde do Sagrado Corazón

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou no acto de peche do proxecto europeo SOCILIBRE (Sociedade Inclusiva e Logística Sustentable en Lugo e Braga), unha iniciativa de cooperación transfronteiriza que permitiu compartir experiencias e coñecer solucións innovadoras para avanzar cara a unha mobilidade urbana máis sostible.

PUBLICADA O

- Advertisement -
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o expediente de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a construción do novo centro de saúde e doutros equipamentos públicos no barrio do Sagrado Corazón.
Con este acordo dáse cumprimento ao compromiso anunciado pola alcaldesa de Lugo, Elena Candia, o pasado luns, cando avanzou que o Goberno municipal impulsaría de maneira inmediata este trámite para desbloquear este proxecto.

 

A aprobación definitiva do expediente permitirá ao Concello dispoñer dos terreos necesarios para poñelos a disposición da Xunta de Galicia e facilitar así o impulso para que se constrúa un novo centro de saúde para o barrio.
A actuación responde á vontade do Goberno municipal de axilizar os procedementos administrativos para que proxectos prioritarios para a cidade avancen con feitos e non queden unicamente en anuncios.

 

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou no acto de peche do proxecto europeo SOCILIBRE (Sociedade Inclusiva e Logística Sustentable en Lugo e Braga), unha iniciativa de cooperación transfronteiriza que permitiu compartir experiencias e coñecer solucións innovadoras para avanzar cara a unha mobilidade urbana máis sostible.

O proxecto nos deixa sobre a mesa tres documentos técnicos:

–        – Un estudo de viabilidade para o desenvolvemento dun modelo de reparto de última milla,

–       –  Unha análise de boas prácticas europeas en loxística urbana de baixas e cero emisións e

–        Un modelo de gobernanza

– A alcaldesa matizou que “estes traballos constitúen unha valiosa base de coñecemento para afrontar os retos asociados á implantación das ZBE e para redefinir solucións que permitan compatibilizar os obxectivos ambientais co desenvolvemento económico e coa vida diaria da nosa cidadanía“.

Durante a presentación do acto a alcaldesa reafirmou o compromiso do actual goberno municipal cun modelo de cidade sostible que cumpra cos obxectivos ambientais marcados pola Unión Europea, pero que tamén teña en conta as necesidades da cidadanía, do comercio, da hostalaría e dos sectores produtivos. Elena Candia insistiu en que hai que atopar solucións equilibradas e adaptadas á realidade de Lugo.

O Concello de Lugo informa de que, con motivo das obras de substitución do colector de saneamento na rúa Ourense, producirase un corte temporal ao tráfico no tramo comprendido entre as rúas Concepción Arenal e Poeta Ramón Cabanillas. A actuación enmárcase nos traballos de mantemento e mellora da rede municipal de saneamento e abastecemento de auga.
Durante a execución dos traballos será necesario pechar completamente ao tráfico rodado o tramo afectado da rúa Ourense. Con todo, procurarase manter, sempre que sexa posible, o acceso aos garaxes da zona, permitindo a entrada e saída desde as rúas Concepción Arenal ou Poeta Ramón Cabanillas.
O dispositivo de tráfico contará coa correspondente sinalización provisional nas rúas de acceso á zona afectada, incluíndo limitacións de velocidade, indicacións de desvío e prohibición de acceso ao tramo en obras, co obxectivo de garantir a seguridade tanto da circulación como dos traballos.
En todo momento garantirase o tránsito peonil en condicións de seguridade, así como os accesos ás vivendas, locais comerciais e, na medida do posible, aos garaxes. No caso de que sexa imprescindible interromper temporalmente o acceso a algún destes, a empresa adxudicataria avisará á veciñanza afectada cunha antelación mínima de 48 horas mediante a correspondente sinalización informativa.
+ posts

ÚLTIMAS

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...

A Deputación comeza as obras na vía de Louxas en Navia de Suarna

  A Deputación de Lugo vén de iniciar os traballos de rehabilitación da vía LU-P-3506,...

A socialista González Abelleira reclama a Candia o aparcadoiro proxectado para o Ceao

A voceira adxunta lembra que o proxecto  conta cun orzamento de 450.000 euros, está...