InicioMovementos sociaisA Comisión Provincial de Violencia de Xénero, operativa este luns

A Comisión Provincial de Violencia de Xénero, operativa este luns

Ten por obxectivo a coordinación institucional na loita contra a violencia de xénero e a corrección dos erros detectados na mesa de coordinación

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo alberga este luns a constitución da Comisión Provincial de Violencia de Xénero de Lugo. Este organismo, a implantar en todas as provincias do estado, ten por misión a mellora do sistema de protección das vítimas, para o que coordinará ás institucións implicadas, e contribuirá a solucionar os erros detectados na mesa de coordinación.

No ente valoraranse as situacións de risco para as vítimas da violencia de xénero, orientando a actuación das unidades da policía xudicial adscrita e o Instituto de Medicina Legal (Imelga), fundamental na acción penal. A Comisión Provincial estudará as ordes de afastamento e abordará medidas de asistencia letrada ás mulleres dende dependencias policiais.

O acto de constitución da Comisión Provincial de Violencia de Xénero de Lugo celebrarase dende as 10.30 horas. Asistirán o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Anxo Cadenas Sobreira, o presidente da Audiencia Provincial de Lugo, José Antonio Varela Agrelo, e o fiscal xefe da provincia, Roberto Brezmes Caramanzana, entre outras autoridades.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...