InicioPolíticaA Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

A Xunta de Goberno celebrada este venres tamén deu luz verde a dous novos proxectos para mellorar por case 600.000€ a LU-P-4706, que conecta o núcleo de Pacios da Veiga coa parroquia de Santa Cruz, na Pobra do Brollón; e a LU-P-6513 que vai desde o municipio de Vilalba ata o límite provincial, pasando por Momán

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do subministro de equipamento para o Centro de Atención a Maiores de Becerreá por 1.058.847,70€. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, informou desta actuación tras a reunión semanal, que tivo lugar no Pazo de San Marcos, e detallou ademais, que o contrato divídese nos seguintes lotes:

Lote 1 para mobiliario, aparatos electrodomésticos e produtos de limpeza.

Lote 2 para equipamento e artigos médicos, farmacéuticos e de hixiene persoal.

Lote 3 para material de lavandería.

Lote 4 para cortinas e material téxtil.

Lote 5 para sinais e artigos relacionados.

Rivera Capón recordou que “este mércores constituíuse a comisión de seguimento do convenio interadministrativo de cooperación entre a Deputación e o propio Concello de

Becerreá para a posta en marcha deste Centro. Con esta licitación seguimos avanzando na preparación da Residencia para a súa entrada en funcionamento” e fixo especial fincapé en que “nos últimos anos vimos desenvolvendo unha intensa actividade administrativa, técnica e xurídica para facer posible a súa apertura”.

Mobilidade

No que ten que ver coa mobilidade, Pablo Rivera avanzou que “a mellora da rede viaria sempre foi e seguirá sendo unha prioridade clara. Para nós, investir en mobilidade é tamén investir en cohesión territorial”. Nese sentido, a institución provincial licitou novos proxectos por 586.113,23€ para arranxar dúas estradas provinciais:

En primeiro lugar, aprobáronse 247.716,95€ para levar a cabo as obras de reparación da totalidade da LU-P-4706, no municipio da Pobra de Brollón. “Trátase da vía que conecta o núcleo de Pacios da Veiga coa parroquia de Santa Cruz de Incio. Os traballos consistirán na reapertura de cunetas, reparación de danos e repavimentación.”

En segundo lugar, licitouse por 338.396,28€ a reparación dun treito da LU-P-6513, en Vilalba. Nesta vía mellorarase un tramo de practicamente 2 quilómetros -do 2,125 ao 4,000- que vai desde este municipio ata o límite provincial, pasando por Momán. Neste proxecto inclúese a reapertura de cunetas, a pavimentación con aglomerado en quente e a sinalización. O prazo de execución de ambas obras, tanto a de a Pobra de Brollón como a de Vilalba, é de catro meses.

O Deputado Provincial sinalou que estes traballos en Vilalba “dan continuidade a outras obras que xa acometemos nesta mesma vía e cos que arranxamos dous treitos: un desde o inicio da estrada ata a rotonda que dá acceso á A8; e outro desde o punto quilométrico 1,6 ata o 17,3 no que se realizou a reposición da sinalización horizontal”.

Emprego

A reunión deste venres da Xunta de Goberno tamén deu luz verde á aprobación da convocatoria e as bases específicas para o ingreso de dúas prazas de Enxeñeiro Técnico Agrícola mediante o sistema de concurso oposición libre. Pablo Rivera avanzou que as persoas interesadas poderán consultar toda a información deste proceso selectivo na páxina web da institución provincial e no Boletín Oficial da Provincia.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...