InicioEconomíaA CIG mobilízase en Lugo para esixir a Gadis e Froiz a...

A CIG mobilízase en Lugo para esixir a Gadis e Froiz a negociación inmediata do convenio de alimentación

O sindicato denuncia que o persoal lucense sofre as peores condicións laborais e salariais das catro provincias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A CIG mobilizouse este mércores ante os supermercados de Gadis e Froiz en Lugo para reclamar a ambas as dúas empresas que senten a negociar, de maneira “inmediata”, o convenio provincial de comercio de alimentación. Os traballadores denuncian que o persoal lucense conta coas peores condicións salariais e laborais das catro provincias galegas.

A pesar de que o convenio caducou o pasado 31 de decembro de 2025, Gadis e Froiz —que ostentan o 100% da representación patronal— non contestaron a ningunha das solicitudes da CIG para constituír a mesa e comezar xa as conversas. O sindicato lamenta esta actitude e remarca a necesidade de darlle un impulso ao texto para dignificar as condicións do persoal, que quedaron moi por baixo do resto de convenios do sector.

A nivel salarial, o obxectivo principal pasa por avanzar na equiparación dos salarios ao convenio da Coruña. Desde a central cualifican de “brutal” a diferenza retributiva entre persoas que traballan en tendas que distan uns poucos quilómetros pero pertencen a provincias distintas.

Alén do soldo, a CIG demanda rebaixar a xornada anual ás 1.713 horas, o que equivale a 37,5 horas semanais, e garantir a cobertura do 100% na situación de incapacidade temporal (IT). Tamén reclaman asegurar o acceso á xubilación parcial e que o persoal encargado poida cobrar o plus de quebranto de moeda.

Xunto a isto, a central sindical reivindica 32 días naturais de vacacións, unha medida que xa teñen recoñecida na provincia de Ourense. O paquete de peticións complétase coa ampliación dos días de asuntos propios, a mellora dos permisos para consultas médicas e a actualización do resto de licenzas que xa están incorporadas ao Estatuto das Traballadoras e dos Traballadores.

+ posts

ÚLTIMAS

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...

O PP ve como “unha peaxe” o convenio de 2 millóns de euros entre Deputación e Concello de Monforte

O portavoz provincial do PP, Antonio Ameijide, pregunta a Carmela López se a achega...