Home Ancares Ferido grave tras chocar contra un cabalo na autovía A-6 ao seu paso polas Nogais

Ferido grave tras chocar contra un cabalo na autovía A-6 ao seu paso polas Nogais

0
Ferido grave tras chocar contra un cabalo na autovía A-6 ao seu paso polas Nogais
Ferido leve un condutor en Lugo ao atropelar un cabalo na N-6. GARDA CIVIL

Un home resultou ferido grave na noite do martes tras chocar o vehículo no que viaxaba contra un cabalo na autovía A-6, ao seu paso polo municipio das Nogais. O accidente produciuse sobre as 23.10 horas no quilómetro 444 da citada vía, á altura da parroquia de Doncos.

No turismo viaxaban tamén unha muller e un bebé, quen resultaron ilesos e non requiriron traslado sanitario. Segundo informou o 112 Galicia, a Central tivo coñecemento do sinistro inicialmente a través do sistema automático eCall do vehículo e, ao non poder establecer comunicación cos ocupantes a través do dispositivo, a alerta foi confirmada pouco despois por chamadas de varios particulares.

Ata o lugar desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Sarria, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e axentes da Garda Civil de Tráfico. Unha vez no punto, os equipos de emerxencia confirmaron que o home se atopaba en estado grave.

+ posts