InicioLugo e contornaLugoReunión da Mesa Local de Comercio en Lugo depois de cinco anos...

Reunión da Mesa Local de Comercio en Lugo depois de cinco anos desde a última convocatoria

Elena Candia explicou que o obxectivo é reactivar un espazo estable de diálogo entre a administración local e o pequeno comercio co fin de coñecer de primeira man as necesidades, problemáticas e ámbitos de mellora 

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión co presidente de la Federación Galega de Comercio, José María Seijas,  e informouno de que, tal e como se comprometera, convocará a Mesa Local de Comercio para o próximo 9 de xuño, recuperando así un órgano de participación e coordinación que non se reunía dende o ano 2021.

Elena Candia explicou que o obxectivo é reactivar un espazo estable de diálogo entre a administración local e o pequeno comercio co fin de coñecer de primeira man as necesidades, problemáticas e ámbitos de mellora.
A alcaldesa tamén explicou que se traballará en impulsar un Plan de Acción permanente de apoio ao sector, ao considerar o comercio local como unha prioridade dentro do proxecto de cidade do actual executivo.

“O desenvolvemento económico e social dunha cidade pasa tamén por reter o talento local e apoiar aos negocios que dan vida ás nosas rúas”, indicou Elena Candia, quen incidiu na necesidade de fomentar políticas que atraian á cidadanía ao comercio de proximidade, “onde a atención personalizada e a relación directa co cliente seguen sendo un valor diferencial”.

“Queremos abrir unha vía de comunicación permanente e útil co sector para traballar de forma coordinada en medidas que axuden a fortalecer o comercio local e a dinamización económica da cidade”, sinalou a alcaldesa.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

O PP pide no Senado aumentar o investimento eléctrico en Lugo tras quedar Altri sen conexión

O PP empregou a súa maioría absoluta no Senado para aprobar este martes na...

O PSOE de Lugo esixe a Candia continuar co proxecto de praia fluvial nas Saamasas

O edil socialista Jorge Bustos esixe  a Candia que Lugo non perda os avances...

A Deputación aproba MencIA, a estratexia de IA que se desenvolverá entre 2026 e 2030

  O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes aprobou por unanimidade MencIA, a...