InicioLugo e contornaLugoDenuncian a supresión da área de Promoción da Lingua no Concello de...

Denuncian a supresión da área de Promoción da Lingua no Concello de Lugo

A Plataforma Queremos Galego sinala que "este feito vulnera os dereitos lingüísticos do galego e demostra os malos tratos ao que o PP somete ao noso idioma"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma Queremos Galego denunciou a supresión da área de Promoción da Lingua no Concello de Lugo por parte da nova alcaldesa, Elena Candia.

Nun comunicado, a organización criticou que o novo goberno municipal decidise eliminar esta área, a poucos días da celebración do Día das Letras Galegas.

“Este feito vulnera os dereitos lingüísticos do galego e demostra os malos tratos ao que o PP somete ao noso idioma”, insistiu a Plataforma.

Ademais, aproveitou para lamentar a “intromisión” da Policía Local no acto ‘Begoña Caamaño nas nosas voces’, “unha homenaxe que contaba coa autorización pertinente para a súa celebración e que, a pesar de todo, sufriu intimidacións policiais”.

Por todo iso, Queremos Galego animou aos cidadáns a manifestarse este domingo, 17 de maio, na Alameda de Santiago a partir das 12.00 horas no Día dás Letras Galegas.

+ posts

ÚLTIMAS

Reunións de Candia con representantes do Arde Lucus e Lugo Monumental de cara a colaborar co tecido asociativo

  A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e os concelleiros Damián Carballo e Mar Carballas...

A Granxa Gayoso Castro acolle un curso de dixitalización de sistemas de xurro no que participan preto de 50 gandeiros

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este mércores na inauguración da...

O PP acusa ao BNG de “mala xestión” da Área de Cultura da Deputación por “xerar un alto número de renuncias”

O PP condena a “mala xestión” e a “falta de operatividade” da Área de...

Candia unificará as dúas brigadas municipais de reparación viaria

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Mobilidade e Obras, Antonio...