InicioLugo e contornaLugoO "equipo" de Candia: sete tenentes de alcalde e María Reigosa como...

O “equipo” de Candia: sete tenentes de alcalde e María Reigosa como non adscrita

Elena Candia ofrece o organigrama do que parece ser o novo goberno local de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -
O novo goberno municipal de Lugo presidido por Elena Candia xa está en marcha. A alcaldesa enviou aos servizos xurídicos para sinatura do decreto de organización no que se especifica a distribución das diferentes áreas “co obxectivo de comezar a traballar desde o minuto cero para impulsar as case medio cento de propostas incluídas no Plan de Acción para Lugo, centrado na mellora dos servizos públicos, da xestión municipal e da atención á veciñanza”.
A distribución das áreas queda organizada do seguinte xeito:
  • Elena Candia López:
Medio Ambiente, Xestión Integral de RRHH e Seguridade
  • Cristina Sanz Arias:
Dinamización económica e Relacións Institucionais
  • Antonio Ameijide Osorio:
Mobilidade e Obras
  • Javier Vázquez Prado:
Cultura e Educación
  • Flor Rubinos Rois:
Zona Rural
  • Ramón Manuel Cabarcos Rodríguez:
Urbanismo
  • Gustavo Enrique Díaz Rey:
Política Social, Maiores e Migración
  • Agustín Gallego Vigo:
Turismo e Museos
  • Mar Carballas Piñeiro:
Economía, Participación, Servizos á Veciñanza e Benestar Animal
  • Damián Carballo Méndez:
Deportes, Infancia e Xuventude
  • Aurora Aida Goás Castro:
Muller e Conciliación
  • Silvia Colmenero Guzmán:
Industria e Mercados
  • María Reigosa Castro, concelleira non adscrita
Respectando o artigo 73.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, terá un traballo de supervisión política e programática de actuacións municipais en materia de infraestruturas de xeito transversal.
Os voceiros do novo equipo de goberno serán Ramón Cabarcos e Mar Carballas.
Canto a relación de tenentes de alcaldesa queda establecida do seguinte xeito:
  • Primeiro tenente de alcaldesa: Antonio Ameijide
  • Segundo tenente de alcaldesa: Javier Vázquez
  • Terceira tenente de alcaldesa: Flor Rubinos
  • Cuarto tenente de alcaldesa: Silvia Colmenero
  • Quinto tenente de alcaldesa: Ramón Cabarcos
  • Sexta tenente de alcaldesa: Agustín Gallego
  • Sétima tenente de alcaldesa: Gustavo Díaz
  • Oitavo tenente de alcaldesa: Mar Carballas

REUNIÓN CON TRABALLADORES

A alcaldesa de Lugo mantivo esta mañá as primeiras reunións de traballo cos representantes do comité de empresa (CC.OO, UGT, USO e CIG) e da xunta de persoal do Concello de Lugo, xuntanzas nas que participron membros dos distintos sindicatos (CSIF, Unión Sindical de Bomberos, CC.OO, UGT, USO e CIG). Elena Candia trasladoulles a súa vontade de manter unha relación baseada no diálogo, na escoita e na colaboración permanente cos traballadores municipais.

A alcaldesa destacou que o persoal municipal “é unha peza fundamental para mellorar o funcionamento do Concello e a atención á veciñanza” e puxo en valor o traballo que realizan os empregados públicos “mesmo en departamentos que levan anos asumindo unha importante sobrecarga de traballo”.

Durante ambas xuntanzas, a alcaldesa púxose á disposición dos representantes dos traballadores para escoitar as súas demandas e prioridades, coa vontade de avanzar nunha mellor organización interna e na planificación das necesidades de persoal máis urxentes. Nese senso emprazoulles a manter a vindeira semana unha mesa de traballo

No caso do comité de empresa vanse reunir previamente para fixar as prioridades para profundizar nas súas demandas e determinar aquelas que se poidan resolver nos vindeiros meses. Por parte da xunta de persoal xa avanzaron que urxe avanzar na carreira profesional e a modificación da Relación de Postos de Traballo.

Elena Candia subliñou que “un Concello que funciona mellor por dentro pode prestar mellores servizos aos lucenses”.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Candia, alcaldesa de Lugo: o PP volve despois de vinte e sete anos cunha moción de censura polémica

A ata agora portavoz local do PP, tamén líder do partido na provincia, Elena...

Eliminar carril bici, máis aparcadoiros e “un San Froilán para todos”, entre as prioridades de Candia

A nova alcaldesa de Lugo, Elena Candia, presentou nos primeiros minutos de mandato un...

Elena Candia, da alcaldía de Mondoñedo á de Lugo pasando pola Deputación

De rexer unha capital de provincia (do antigo Reino de Galicia, iso si) a...

Ferraz acusa ao PP de usar a una “tránsfuga” para hacerse con la alcaldía de Lugo

A dirección federal do PSOE reprochou ao líder nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo,...