Cafés Candelas Breogán e UCAM Murcia xogan este domingo 10 de febreiro no Pazo dos Deportes de Lugo a partir das 17 horas parte das súas opcións de permanencia na Liga Endesa. Parte, pero non todas. De feito, o Breogán é antepenúltimo con 6 vitorias, polas 5 de Murcia, penúltimo. Ademáis, está en xogo o average directo ao gañar Murcia por 12 puntos na primeira volta. Esta diferenza directa entre equipos decidiu oito postos a tempada pasada.
UCAM Murcia chega a Lugo con seis derrotas consecutivas. De feito, antes da anterior xornada cambiou de adestrador fichando a Sito Alonso, ex primeiro técnico do Barça e Baskonia, en sustitución de Javi Juárez. En cambio, UCAM está a asinar unha marabillosa Basketball Champions League sendo o equipo con mellor balance na primeira fase con 13 partidos gañados e só unha derrota. Gañou esta mesma semana a Banvit (86-71) na primeira vitoria de Sito Alonso. Murcia, ademáis, viaxa a Lugo con toda a rotación disponible, é dicir, sen ningunha baixa por lesión.
Pola súa banda, o Breogán chega despois de catro derrotas correlativas e coa baixa habitual de Henk Norel, lesionado dende pretempada. É máis, Natxo Lezkano xa anunciou que “non hai máis recursos” para poder fichar. Lezkano, ao igual que en partidos coma GBC ou Manresa, califica este encontro como unha “final”. Non o é literalmente porque unha final é só cando nos tes máis alternativa, cando non hai máis opcións que nese partido. Dito o cal, o adestrador breoganista lóxicamente refírese á importancia do encontro ante un rival directo. Sito Alonso non o quixo calificar de final, seguramente para reducir presión a un UCAM que incluso xógase máis que o Breogán o domingo pola súa posición na clasificación.
O propio Natxo Lezkano lembrou que, coas lesións do pivote Henk Norel e do ala-pivote Tadija Dragićević, os lucenses teñen un xogo interior só formado por Alec Brown, Emir Sulejmanovic e Volodymyr Gerun. É dicir, só un un pivote puro, un “cinco”, que é Gerun. De feito, Lezkano xa engadiu na rolda de prensa previa á pasada xornada que Romaric Belemene, aleiro, deberá axudar coma ala-pivote. Tamén pediu un paso adiante a Elijah Millsap, Belemene e Sulejmanovic, e todos eles o deron en Zaragoza, especialmente Emir Sulejmanovic con 20 puntos e 11 rebotes.
Sito Alonso, adestrador de UCAM Murcia, afirmou na rolda de prensa de hoxe que deberán tentar atopar “as vantaxes” que poidan “ter no xogo interior” en referencia a esa carencia do Breogán e tamén subliñou que cre que os murcianos son máis “intensos e agresivos”.
A racha de catro triunfos consecutivos do Breogán entre decembro e xaneiro foi sempre cun acerto superior ao 37 % en triplas, incluso por riba do 40 % en tres dos partidos. Cando os lucenses baixan dunha eficacia positiva, sofren moito. Dependen mito do acerto exterior. Arestora, teñen un acerto de 34.01 %, mais chegaron ter un 27 %. Tamén nos tiros libres, debe do equipo no comezo de tempada e que melloraron considerablemente na xeira positiva. Na última xornada en Zaragoza, só un 57 % nos tiros libres. O domingo chega a Lugo o peor equipo en tiros libres, UCAM Murcia. Pero o Breogán é o antepenúltimo con só un 69.82 % de eficacia. E mídense os dous equipos con peor nivel de acerto en tiros de dous: UCAM é penúltimo e Breogán o peor.
En cambio, o Breogán destaca como terceiro mellor equipo en rebotes, terceiro en tapóns e conta co mellor reboteador ofensivo da Liga Endesa, Volodymyr Gerun.