InicioSociedadeEste mércores volve XuvenLugo, o espazo familiar do Nadal

Este mércores volve XuvenLugo, o espazo familiar do Nadal

A programación lúdica de Lugo, deseñada para fomentar a conciliación familiar e a actividade dos máis pequenos, agarda 20.000 visitantes no Pazo de Feiras e Congresos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Regresa o que xa é un evento clásico do Nadal na cidade. Abre este mércores XuvenLugo, a programación lúdica que organizan Concello e Deputación no Pazo de Feiras e Congresos, co patrocinio de Caixabank. Esta edición abranguerá do 5 de decembro ao 7 de xaneiro, coa fin de mellorar a oferta de actividades para os cativos durante o período estival, beneficiando así a conciliación familiar e fomentando hábitos saudábeis.

O deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, recalcou o carácter educativo e lúdico de XuvenLugo, “un espazo no que pode convivir e participar toda a familia”. En consonancia coa positiva tendencia anual, con máis de 15.000 visitantes a pasada edición, neste Nadal agárdase a presenza de 20.000 persoas, “o que supón que xa é unha oferta imprescindible” durante as festas en Lugo.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Carmen Basadre, valorou o incremento no número de actividades, “que non deixou de medrar ano tras ano e de incluír novidades, como por exemplo nesta edición, actividades para nenos e nenas de 0 a 3 anos”. A oferta inclúe “atraccións de moda e de última xeración”, coma o Maxidance, que se engade a 10 atraccións mecánicas máis.

Calendario, horario e prezos

XuvenLugo, que conta cunha achega conxunta de 15.000 euros da entidade local e provincial, abrirá as súas portas en xornada de tarde, de 16.30 horas a 20.30 horas, nas seguintes datas: do 5 ao 9 de decembro, do 14 ao 16 de decembro; do 21 ao 23 de decembro; do 25 ao 30 de decembro; do 1 ao 4 de xaneiro de 2018; e 6 e 7 de xaneiro de 2018.

A entrada xenérica de XuvenLugo será de 6 euros. Poderase sacar un bono grupal de 50 euros para 10 persoas que terá validez para un só día. Haberá un prezo especial da entrada a 4,5 euros para Concellos, colexios e asociacións, mediante reserva anticipada e para un mínimo de 15 persoas. O prezo para outras actividades dentro do recinto variará segundo os xogos: o acceso á pista de minigolf será de 1,5 euros; ao toro mecánico ou á pista de slot, 2 euros.

Celebraranse dúas xornadas de portas abertas, unha o día 5 de decembro promovida polo Concello, e outra o os 14 de decembro, promovida pola Deputación.

+ posts

ÚLTIMAS

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Carmela López mostra á reitora da USC o espazo de investigación na Granxa Gayoso

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Deputado de Formación, Ensino...