InicioPolíticaDaniel García participa na presentación da Festa da Filloa de Muimenta

Daniel García participa na presentación da Festa da Filloa de Muimenta

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora na programación da Festa da Filloa con música tradicional, coa actuación de Nubeiro, e co programa Un Gusto de Rural, un Rural Degusto

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado de Rural Daniel García participou este pasado martes na presentación da Festa da Filloa de Muimenta, que se celebrará o vindeiro 1 de maio no recinto feiral de Muimenta.

No acto, no que as filloeiras prepararon xa algunhas , o responsable provincial destacou que “a conservación e transmisión de receitas tradicionais como a filloa contribúe a preservar sabores, pero tamén a ter presentes os nosos produtos e coñecer a vida cotiá de xeracións anteriores”  e valorou “o traballo da organización, que ademais de converter esta festa nunha cita gastronómica emblemática, está levando Muimenta e as súas filloas por todo o país, co presenza das filloeiras noutras celebracións populares”.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora na programación da Festa da Filloa con música tradicional, coa actuación de Nubeiro, e co programa Un Gusto de Rural, un Rural Degusto, que ofrecerá ás persoas asistentes unha degustación de xamón curado de porco celta.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación irá á Feira Internacional de Turismo de Interior para promocionar a provincia

    A Deputación de Lugo participará por primeira vez na Feira Internacional de Turismo de...

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

Lugo celebrará o nomeamento de Mariano Castiñeira como Fillo Adoptivo

O Concello de Lugo celebrará o este venres 13 de novembro o acto institucional...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...