InicioCulturaLugo e Vilalba supervisan o arranque do FIV, que estima un retorno...

Lugo e Vilalba supervisan o arranque do FIV, que estima un retorno de un millón de euros

A presidenta da Deputación e a alcaldesa asistiron ás probas de son do festival, que conta cunha achega provincial de 50.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, supervisaron este venres o dispositivo preparado para o arranque do Festival Independente de Vilalba (FIV), que comeza nesta xornada. Ambas as dúas asistiron ás probas de son previas ao comezo dunha cita musical que volve contar cunha achega provincial de 50.000 euros.

Durante a visita, Carmela López destacou que o FIV “é un referente en Galicia” e subliñou que se trata de “unha aposta intelixente do Concello de Vilalba”, tanto polo seu impacto económico como pola súa capacidade de promoción turística. Neste sentido, sinalou que o festival xera un retorno estimado de ao redor de un millón de euros, ao que se suma a repercusión social derivada da contratación de subministracións, servizos e persoal local.

Pola súa banda, Marta Rouco amosou a súa confianza en que esta sexa “outra edición exitosa” dun evento que o Concello impulsa cunha achega de 120.000 euros. A alcaldesa destacou ademais a relevancia do festival desde o punto de vista turístico, ao considerar que “pon a Vilalba no mapa”.

PROGRAMACIÓN

A programación do festival arrinca este venres ás 19:30 horas coas actuacións de Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte. A xornada do sábado estará protagonizada pola M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion, consolidando un cartel que atrae a milleiros de persoas cada ano á capital da Terra Chá.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...