InicioCulturaO Concello de Lugo entrega os premios Trapero Pardo á creatividade literaria

O Concello de Lugo entrega os premios Trapero Pardo á creatividade literaria

No XXIV Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo resultaron premiadas cinco rapazas representantes de centros de ensino de Sarria, Monforte e Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A entrega de premios do XXIV Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo permitiu reunir no Salón de Plenos da casa consistorial de Lugo a varias xeracións de creadoras literarias. O Concello recoñeceu a cinco rapazas de tres vilas lucenses, nun acto ao que asistiu tamén un dos membros do xurado, o profesor Xosé Manuel Castro, e a secretaria do tribunal, Margarita Calderón, e que estivo presidido pola alcaldesa Lara Méndez e o concelleiro de Educación Manuel Núñez.

Como cada ano, a vixésimo cuarta edición dos premios Trapero Pardo contribuíu a fomentar a escrita entre os xoves dos centros educativos da provincia de Lugo de ensino non universitario. “É un certame xa consolidado –explicou Méndez–, que desprende educación, cultura e imaxinación, que agranda ano tras ano o noso maior patrimonio, os rapaces e rapazas de Lugo”.

Rexedora e edil felicitaron ás cinco estudantes galardoadas, celebrando o papel de todos aqueles que se presentaron a este certame. Ademais, estenderon os parabéns á comunidade educativa e ás familias. Na intervención, os representantes do goberno local convidaron ás xeracións máis cativas a manterse no bo hábito da lectura, “que impulsa o seu talento, a creatividade e o coñecemento”.

Os premios Trapero Pardo 

  • Categoría de 12 a 14 anos

1.º Premio: María Cordo Imedio, coa obra titulada O que falaban de Galicia, do CPR Padres Franciscanos de Lugo. Diploma, lote de libros e premio valorado en 200 euros.

2.º Premio: Elliane Álvarez-Yáñez Rodríguez, coa obra titulada Onde as historias nacen, do IES Ánxel Fole de Lugo. Diploma, lote de libros e premio valorado en 100 euros.

3.º Premio: Ángela alicia Cámbara López, coa obra titulada As pequenas diferenzas, do CPR Nuestra Señora de la Asunción, de Sarria. Diploma, lote de libros e premio valorado en 70 euros.

  • Categoría de 15 a 18 anos

1.º Premio: Sabrina Pérez López, coa obra titulada Na procura do destino, do IES Pinguela, de Monforte de Lemos. Diploma, lote de libros e premio valorado en 250 euros.

2.º Premio: Sofía Santos Ulloa, coa obra titulada Mel e perlas, do IES Lucus Augusti  de Lugo. Diploma, lote de libros e premio valorado en 100 euros.

O tercer premio desta categoría quedou deserto.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...