InicioEconomíaO Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

Os municipios de Galicia e do Norte de Portugal identifican liñas de acción comúns para protexer os sectores máis vulnerables.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos municipios ante a situación actual derivada dos conflitos bélicos de Ucraína, Gaza e Irán, así como as crises enerxética e económica. O obxectivo do encontro foi impulsar a capacidade de resposta dos concellos de Galicia e do Norte de Portugal que integran a entidade para tomar medidas fronte á inestabilidade global.

Neste sentido, os representantes reflexionaron sobre o contexto inmediato e identificaron liñas de acción que permiten fortalecer a resiliencia das cidades e protexer os sectores máis vulnerables fronte á crise enerxética e á escalada de prezos. Durante a reunión, remarcouse que as cidades “son a primeira liña de resposta” fronte ás crises, tal e como se demostrou na pandemia ou na situación xeopolítica actual.

Estes escenarios, segundo subliñou o Eixo Atlántico, non foron provocados polos xestores locais nin polos cidadáns, pero son os concellos os que deben buscar solucións e, na maioría das ocasións, “financialas cos seus propios orzamentos“, mentres a cidadanía sofre as consecuencias directas. Na xuntanza abordáronse tamén cuestións clave para o desenvolvemento do territorio transfronteirizo, como son o acceso á vivenda, a crise enerxética e a prevención de incendios forestais.

Este debate terá continuidade nunha segunda sesión de traballo que se celebrará o vindeiro mes de xullo na cidade portuguesa de Santa María da Feira.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...