InicioSucesosInvestigada por furtar presuntamente 800 euros dunha carteira esquecida nunha gasolineira en...

Investigada por furtar presuntamente 800 euros dunha carteira esquecida nunha gasolineira en Castro de Rei

Os feitos ocorreron este mes nunha estación de servizo do polígono industrial de Castro Ribeiras de Lea

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a unha muller como presunta autora dun delito de furto, tras levar o diñeiro dunha carteira que alguén deixara esquecida nun ‘box’ de lavado dunha gasolineira de Castro de Rei.

Os feitos ocorreron este mes nunha estación de servizo do polígono industrial de Castro Ribeiras de Lea. Alí, unha moza que se dispuña a lavar o seu vehículo deixou a súa carteira con 790 euros apoiada sobre a máquina de moedas e, cando se foi, esqueceuna.

Minutos despois, outro coche accedeu a ese ‘box’ de lavado e as cámaras da estación de servizo captaron como a acompañante que ía no vehículo colleu a carteira, meteuna no coche e, tras quitar o diñeiro que había dentro, volveuna a colocar no mesmo lugar.

Posteriormente, o condutor dun terceiro vehículo que tamén entrou no ‘box’ de lavado, recolleu a carteira e devolveuna á súa propietaria, a quen coñecía. Así, a muller comprobou que faltaba o diñeiro.

As cámaras de vixilancia permitiron identificar á autora do furto, que está investigada pola Garda Civil, As dilixencias foron remitidas ao xulgado.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...

Elena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial de Baile Deportivo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes...