InicioPolíticaSenadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Nesta resposta a preguntas formuladas polos populares, o Executivo sostén que na N-120 na provincia de Lugo "están en execución obras urxentes para a rehabilitación do firme nas zonas deterioradas"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta parlamentaria que non prevé acometer unha rehabilitación integral do firme da estrada N-120, senón que “o único que previu facer é tapar fochancas”.

Nesta resposta a preguntas formuladas polos populares, o Executivo sostén que na N-120 na provincia de Lugo “están en execución obras urxentes para a rehabilitación do firme nas zonas deterioradas”.

Para os senadores do PP, trátase de “un recochineo aos lucenses e, especialmente, aos veciños e veciñas da zona sur que as actuacións previstas limítense a actuar unicamente nas zonas deterioradas” tendo en conta que consideran que “o acusado estado de deterioración do firme desta estrada de competencia nacional supón un serio perigo para os seus usuarios e non se soluciona con parches”.

Nesta mesma liña, os populares xa denunciaron a “falta de mantemento” desta vía, que é a principal comunicación para os concellos do sur da provincia de Lugo, especialmente para a Ribeira Sacra, coa zona de Ourense, advertindo de que “os parches realizados nos últimos anos non foron suficientes”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...