InicioLugo e contornaOuteiro de ReiAlertan de danos inminentes en bens arqueolóxicos de Parada, en Outeiro de...

Alertan de danos inminentes en bens arqueolóxicos de Parada, en Outeiro de Rei

A asociación Mariña Patrimonio reclama tamén que se valore a existencia e a protección do resto dos bens aquí sinalados, en particular as Medorras de Parada, a Medorra das Latas e as penas con petróglifos tipo coviñas existentes na contorna.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Mariña Patrimonio vén de poñer en coñecemento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a situación de grave risco que afecta varios bens arqueolóxicos situados na zona de Parada, parroquia de Parada, no concello de Outeiro de Rei, onde se están a desenvolver traballos forestais de corta de piñeiros e está prevista unha posterior plantación de eucaliptos.

O principal risco afecta os Petróglifos de Parada, localizados no punto de coordenadas X 609154, Y 4768054. Sobre a rocha onde se atopan hai actualmente troncos dos piñeiros xa cortados, no marco dunha corta que se está a realizar mediante maquinaria pesada, sen que se aprecien medidas de precaución ou protección respecto destes elementos patrimoniais.

Segundo a información da que dispón Mariña Patrimonio, no ano 2020 púxose en coñecemento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a existencia destes petróglifos, confirmouse a súa autenticidade e asignóuselles un código GA, que a asociación descoñece e por iso non pode achegar. Malia isto, os petróglifos non foron incorporados nin ao visor do PBA nin ao visor de aproveitamentos forestais, circunstancia que incrementa notablemente o risco de afección ao non constar publicamente a súa existencia.

 

Mariña Patrimonio advirte, ademais, de que na mesma zona arqueolóxica existen outros bens patrimoniais inéditos para a DXPC que poderían sufrir danos no transcurso destes labores forestais.

Así, no punto X 609177, Y 4767991 localízase a primeira das Medorras de Parada, cunha masa tumular ben definida e conservada. Na súa contorna existe tamén un número significativo de penas con petróglifos tipo coviñas.

No punto X 609623, Y 4768360 localízase outra das Medorras de Parada, que conserva os chantos da cámara e do corredor, así como a súa masa tumular ben conservada.

No punto X 609281, Y 4768523 localízase a Medorra das Latas, que conserva chantos da cámara.

 

A asociación considera que todos estes bens arqueolóxicos corren un risco inminente de sufrir danos nos próximos días por mor dos traballos forestais que se están a executar nesta zona, polo que solicitou ás administracións competentes que actúen con carácter de urxencia.

En concreto, Mariña Patrimonio pide que se comproben de inmediato os feitos denunciados, que se inspeccione a zona afectada e que se adopten as medidas cautelares necesarias para evitar danos ou destrucións nos bens arqueolóxicos citados. Así mesmo, solicita que, de ser o caso, se ordene a paralización inmediata dos traballos forestais na contorna dos elementos patrimoniais afectados mentres non se garanta de forma efectiva a súa protección.

A entidade reclama tamén que se valore a existencia e a protección do resto dos bens aquí sinalados, en particular as Medorras de Parada, a Medorra das Latas e as penas con petróglifos tipo coviñas existentes na contorna.

+ posts

ÚLTIMAS

A Xunta destina 27,3 millóns á construción de 152 vivendas de promoción pública en Lugo

O Goberno galego autorizou a licitación das obras de construción de 152 novas vivendas...

O concello de Lugo analiza unha reorganización das concellerías tras a entrada de Eugenia Iglesias como edil

Eugenia Iglesias Vargas será a nova concelleira do Concello de Lugo, incorporándose á corporación...

Os ‘populares’ sinalan a obriga de abrir a residencia de Becerreá como un golpe para PSOE e BNG

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, sinala que "a condena...

Últimos días para solicitar a participación nas actividades formativas do programa Da Escola á Granxa

O mércores 15 de abril pecha o prazo para solicitar a participación no programa...