InicioComarca de MeiraPolO PP de Pol apunta que o goberno local está "esgotado" e...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

O PP local denuncia o ton de "crispación" do pleno ordinario

PUBLICADA O

- Advertisement -

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino Rodríguez é un goberno gastado e esgotado” como quedou demostrado no Pleno ordinario celebrado este mércores baixo a “habitual crispación” polas formas do alcalde que chegou a ameazar á popular dicindo: “vas sufrir”.

Máis alá das formas dun alcalde que “non representa as formas dos veciños e veciñas de Pol”, a sesión plenaria tamén serviu para abordar outros asuntos como a xestión económica do rexedor socialista que “levou o Concello á ruína”. Precisamente a débeda de 5M€ impide a prestación de servizos aos veciños e veciñas: “o Concello non ten cartos, as pistas están en mal estado e o Punto de Atención á Infancia (PAI), de competencia municipal, atópase en malas condicións”. Neste sentido, Grueira lembra que “o alcalde pretende que o que fai mal ou directamente non fai, veña a Xunta a solucionalo. Isto é unha irresponsabilidade absoluta”, engade.

A popular tamén puxo de manifesto a “obsesión do alcalde co fútbol” porque “só inviste naquilo que ten ver co fútbol”. Por exemplo, a compra dun televisor para o campo de fútbol ou dos chándales para o primeiro equipo, “mentres que os nenos e nenas teñen que pagar 300 euros en equipamento deportivo”.

Nicole Grueira lembrou tamén “a falta de cortesía” do alcalde que se negou a modificar a data de celebración deste Pleno ordinario tras unha solicitude formal da portavoz e deputada autonómica por convocalo posteriormente -un día despois- á convocatoria do Debate do Estado da Autonomía (DEA) que se celebra na mesma xornada no Parlamento de Galicia, onde tamén exerce como representante dos veciños e veciñas.

Grueira condena a “intencionalidade” do rexedor coa que “pretendía impedir o exercicio das miñas funcións como representante pública tanto no ámbito autonómico como municipal” e “vulnerar o meu dereito fundamental á participación política recoñecido no artigo 23.1 da Constitución Española”.

Pero, “a pesar dos impedimentos do alcalde socialista, o meu compromiso con Pol é firme e non evitou a nosa participación na sesión plenaria do Concello”, manifesta a popular.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...

A alcaldesa de Vilalba denuncia a falta de avances en solucións para a estación de autobuses

O Concello de Vilalba volve reclamar unha solución efectiva e inmediata para a estación...