InicioPolíticaFalece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

É o terceiro falecemento dun concelleiro socialista no que vai de lexislatura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos 55 anos de idade a consecuencia dun cancro. O Concello de Lugo sinalou que o seu falecemento deixa “un baleiro profundo” na cidade, destacando o seu “compromiso social e a súa vocación de servizo público”, atenta sempre, engadiu, ás persoas máis vulnerables”.

“A súa defensa das políticas sociais e da sanidade pública deixa unha pegada duradeira. Mesmo nos momentos máis difíciles, mantivo intacto o seu compromiso co traballo público, ofrecendo un exemplo de entrega e humanidade“, manifestou o consistorio local.

A perda de Olga López supón o terceiro falecemento dun concelleiro do grupo do PSOE no Concello de Lugo durante o mandato iniciado en 2023, tras o falecemento o pasado ano da alcaldesa, Paula Alvarellos, e do edil Pablo Permuy. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, nunha mensaxe en redes sociais, puxo en valor o “compromiso co socialismo e cos veciños” de Lugo de Olga López. Subliñou que a edil saía do hospital para votar nos plenos e regresaba a continuar co tratamento.

“Así era ela. Así quería a Lugo. Así entendía o compromiso co socialismo e cos veciños da súa cidade. Matrona, profesora, concelleira. Coidou de todos ata que o corpo non a deixou. Até sempre, Olga. Non te esqueceremos”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...