InicioLugo e contornaLugoInterior destina 9 millóns de euros para a nova comisaría de Policía...

Interior destina 9 millóns de euros para a nova comisaría de Policía Nacional de Lugo

O Consello de Ministros aprobou este martes ese investimento que será executada no marco da segunda fase do Plan de Infraestruturas para a Seguridade do Estado (PLISE).

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, anunciou que a nova comisaría da Policía Nacional, que se situará no barrio Abella, contará cun investimento de nove millóns de euros do Ministerio do Interior.

O Consello de Ministros aprobou este martes ese investimento que será executada no marco da segunda fase do Plan de Infraestruturas para a Seguridade do Estado (PLISE).

“A execución da nova sede policial na que traballamos de forma intensa co Goberno de España estes dous últimos anos está preto que nunca”, sinalou o rexedor.

Neste sentido, remarcou que a construción da comisaría será “un salto cualitativo” na prestación dos servizos de seguridade cidadá e na capacidade operativa das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

“Agora, seguiremos traballando para que o inicio da obra póidase iniciar canto antes”, subliñou o alcalde de Lugo.

A nova comisaría será edificada nunha parcela cedida polo Concello cunha superficie de 3.175 metros cadrados. A maiores, incorporaron outra parcela de titularidade municipal de 80 metros cadrados, que permitirá incrementar a edificabilidade no proxecto en 120 metros cadrados e outra fronte á principal de 400 metros cadrados.

+ posts

ÚLTIMAS

Os premios Dalle like recoñecen os creadores de contido galegos co apoio da Deputación

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na...

O PP reclamará na Deputación o arranxo da LU-P-1811 en Chantada

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclamarán no vindeiro pleno que o goberno da...

Lugo aproba o seu novo organigrama cun aforro do 40% no gasto político

O Concello de Lugo acolleu este venres a sesión plenaria na que se aprobou...

A Deputación financia unha nova área de autocaravanas na Pastoriza

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este sábado na inauguración da...