InicioPolíticaO alcalde de Lugo nega crise tras a marcha de Reigosa: "Seguimos...

O alcalde de Lugo nega crise tras a marcha de Reigosa: “Seguimos traballando”

Miguel Fernández non ve en perigo a aprobación dos orzamentos nin outras iniciativas a pesar do "cambio na aritmética do pleno".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, quitou relevancia este martes á situación na que queda o grupo de goberno local coa marcha de María Reigosa do Partido Socialista e o seu paso ao grupo non adscrito, situación que se fixo pública durante a xornada deste luns. “Nós a María nin a votamos nin a botamos, e a partir de aí, respecto absoluto ás decisións de cada un”, destacou o primeiro edil lucense durante a presentación do acto principal do Arde Lucus celebrado este martes.

O alcalde non se sorprendeu “pola decisión, que asegurou que descoñecía, e insistiu na vontade de “seguir traballando na mesma liña, con máis ilusión se cabe” porque agora son “menos”, facendo fincapé en “levar cara adiante o modelo de cidade, con novas iniciativas”. “Entrar no medio dun mandato, nun grupo novo e sen experiencia de xestión na administración local, causa desaxustes e é complicado, e si encima non tes dedicación exclusiva, as cousas complícanse“, razoou o alcalde sobre as causas que levaron á concelleira a tomar esta decisión, tras o proceso de distanciamento que tivo lugar desde o seu nomeamento, a finais do ano pasado despois do falecemento de Pablo Permuy.

Miguel Fernández considera que o feito de que o Partido Socialista quede en minoría coa marcha de María Reigosa “non vai repercutir en absoluto no funcionamento do Concello” e aproveitou para facer un agradecemento ao persoal municipal e membros do equipo de goberno “comprometidos e traballando a un bo ritmo”. Deste xeito, considera un exemplo diso os “importantes anuncios que se están facendo para o ben da cidade”.

Con todo, si recoñeceu o mandatario lucense o “cambio na aritmética do pleno” que continuará a partir de agora, pero non ve perigar a aprobación de novas iniciativas nin os orzamentos, que se votarán de novo este xoves e que Reigosa xa apoiara.

RUPTURA CO GOBERNO LOCAL

María Reigosa confirmou o luns a súa ruptura total co goberno municipal, tras dimitir o pasado mes de decembro das súas funcións como responsable local de Medio Rural e, posteriormente, apartar das filas socialistas. A pesar de que deixara a militancia do PSOE, Reigosa continuaba formando parte do Grupo Municipal Socialista protagonizando varios plenos nos que votou algúns asuntos de acordo co Partido Popular.

Deste xeito, o goberno bipartito de Lugo queda en minoría, con 12 concelleiras –sete PSOE e cinco BNG–, fronte aos outros 12 cos que conta o PP e a acta de Reigosa, cuxo voto será clave para a gobernabilidade.

acta de Reigosa, cuxo voto será clave para a gobernabilidade.

+ posts

ÚLTIMAS

María Reigosa pasa a ser concelleira non adscrita e deixa en minoría o goberno local de Lugo

A edil de Lugo María Reigosa comunicou este luns a súa decisión de abandonar...

Luz verde da Xunta para unha planta de valorización de residuos plásticos en Muras

A Xunta deu luz verde ambiental á instalación dunha planta para a valorización de...

Rueda destaca en Lugo que o Goberno central vive “instalado no caos” e pon o PP como única alternativa

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou a "política útil e pegou ao territorio"...

A clausura do o 25 aniversario do Arde Lucus contará cun concerto exclusivo de Abraham Cupeiro

O multiinstrumentista e musicólogo galego Abraham Cupeiro será o encargado de pechar a celebración...