InicioCultura'Fillos do Vento: A Rapa' destaca en EEUU no escaparate mundial do...

‘Fillos do Vento: A Rapa’ destaca en EEUU no escaparate mundial do cinema inmersivo

“O obxectivo nunca foi facer unha película sobre a Rapa, senón permitir que o público a vivise desde dentro, case como se estivese no propio curro,” explica o director Brais Revalderia

PUBLICADA O

- Advertisement -

O cineasta galego Brais Revaldería presentou en América Fillos do Vento: A Rapa, unha experiencia inmersiva sobre a Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada, Pontevedra), que celebrou a súa estrea norteamericana no SXSW 2026, en Austin (Texas).

O proxecto galego ‘Fillos do Vento: A Rapa’, dirixido por Brais Revalderia, foi presentado no SXSW XR Experience de Austin (Texas), onde destacou pola súa proposta inmersiva e conseguiu encher varias das súas sesións durante o festival.

A instalación, incluída na sección Spotlight, chamou a atención polo seu enfoque diferencial dentro do programa: unha experiencia baseada en proxección panorámica a gran escala que prescinde do uso de visores individuais, apostando por un formato colectivo que sitúa ao espectador dentro do espazo e do ritual.

Alta afluencia de público

Ao longo do festival, a peza mantivo unha alta afluencia de público, con sesións completas e unha rotación constante de visitantes, reflectindo o interese por propostas que combinan cinema documental e tecnoloxía sen illar ao espectador.

Un dos momentos máis relevantes foi a visita da dirección do festival, que acudiu persoalmente a experimentar a instalación e mostrou interese pola proposta, destacando a súa capacidade para trasladar unha tradición local a unha linguaxe contemporánea.

Fillos do Vento: A Rapa’ foi ademais un dos poucos proxectos españois presentes na sección XR, posicionándose como unha das propostas europeas dentro dun programa maioritariamente internacional.

Rodada durante máis de sete anos en Galicia, a experiencia introduce ao espectador no interior do curro da Rapa das Bestas mediante unha combinación de imaxe panorámica e son espacial, xerando unha vivencia física do ritual que se afasta do formato documental tradicional.

O obxectivo nunca foi facer unha película sobre a Rapa, senón permitir que o público a vivise desde dentro, case como se estivese no propio curro,” explica o director Brais Revalderia.

O feito de ver como reacciona o público internacional a unha tradición tan local confirma que estas historias teñen unha dimensión universal”, precisa.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Sirat’ gaña o Mestre Mateo a Mellor Película

'Sirat' alzouse co premio a Mellor Película nos XXIV Premios Mestre Mateo e arrebatoullo...

Detido un home por múltiples delitos contra o patrimonio en Lugo

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home como suposto autor de...

Gala dos Mestre Mateo: a forza do talento galego reúnese en Lugo

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este sábado á gala dos...

Trasladan ao hospital unha persoa ferida tras unha saída de vía

Unha persoa resultou ferida tras saírse da vía no Corgo. Os bombeiros tiveron que...