InicioPolíticaAberto o prazo do programa Da Escola á Granxa da Vicepresidencia da...

Aberto o prazo do programa Da Escola á Granxa da Vicepresidencia da Deputación

“Da Escola á Granxa” ampliou e diversificou un ano máis a súa proposta educativa coa incorporación de 7 granxas novas respecto á última edición, ofrecendo un catálogo con producións diversas, desde a produción de mel, froita e produtos da horta ata a cría gando vacún, ovino, cabrún, avícola ou cabalar ou a elaboración de queixos, lácteos, marmeladas, embutidos, galletas ou conservas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo bota a andar a quinta edición do programa “Da Escola á Granxa”, que promove actividades educativas en granxas, producións agrarias e proxectos de emprendemento no rural.

As asociacións de nais e pais de centros de infantil e primaria poden solicitar ata vindeiro 15 de abril a participación no programa, que ofrece subvencións -entre 300 e 1.100 euros – para financiar o desprazamento  e o desenvolvemento das actividades recollidas no catálogo do programa, integrada por 45 granxas e proxectos agroalimentarios repartidos por toda a provincia.

“Da Escola á Granxa” ampliou e diversificou un ano máis a súa proposta educativa coa incorporación de 7 granxas novas respecto á última edición, ofrecendo un catálogo con producións diversas, desde a produción de mel, froita e produtos da horta ata a cría
gando vacún, ovino, cabrún, avícola ou cabalar ou a elaboración de queixos, lácteos, marmeladas, embutidos, galletas ou conservas.

O deputado Daniel García agradeceu “as granxas participantes a súa implicación en deseñar as actividades para os nenos e as nenas que as visitan, mostrándolles a importancia do sector primario na produción de alimentos e na conservación do territorio” e destacou que “a rede de proxectos que conforman o catálogo educativo reflicte a aposta polas granxas familiares, os modelos de produción sostibles e a diversificación produtiva que apoiamos con diferentes iniciativas desde a área de Rural”

O responsable de Rural animou á comunidade educativa a participar no programa, que, explicou, “reforzamos desde o punto de vista económico, incrementando nun 20 por cento o orzamento total, e tamén coa creación de novos materiais didácticos e lúdicos como o libro Os Bolechas van da Escola á Granxa e O Xogo da Pita Choca”

A convocatoria, publicada este sábado no Boletín Oficial da Provincia, conta cun orzamento total de 250.000 euros -50.000 euros mais que na pasada edición -. As bases e os formularios de solicitude están dispoñibles na web da Deputación de Lugo, no apartado de Medio Rural e do Mar (Subvencións Rural – concorrencia Da Escola á Granxa | Deputación de Lugo).

+ posts

ÚLTIMAS

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...

Denuncian novo colapso nas Urxencias do HULA

Celadores e celadoras do HULA denuncian un novo colapso nos corredores das Urxencias do...

Detido un home acusado de suplantación de identidade para comprar venhículos

Axentes da Policía Nacional de Lugo iniciaron unha investigación tras recibiren recentemente unha denuncia...