InicioLugo e contornaLugoA Consellería de Cultura anuncia o fin das reparacións na Muralla de...

A Consellería de Cultura anuncia o fin das reparacións na Muralla de Lugo, un mes despois do colapso dun paramento

O conselleiro avanza que se chegará ao millón de euros de investimento para seguir coas actuacións do plan de conservación

PUBLICADA O

- Advertisement -

A reparación do paramento interior da Muralla de Lugo que colapsou hai un mes na Rúa do Moucho finalizará estes días, tal e como anunciou este xoves o conselleiro de Cultura, José López Campos, no curso dunha comparencia tras unha visita de supervisión dos traballos.

O responsable autonómico, que valorou as actuacións realizadas en 200.000 euros, estivo acompañado nesta visita polo delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias; o director de Patrimonio, Anxo Miramontes, e o arqueólogo especialista na Muralla, Ignacio López de Rego.

Desde a Xunta púxose valor a velocidade á que se realizaron os traballos, así como o contido do Plan de Conservación e Xestión da Muralla, “que foi un elemento crave para que todo saíse ben”.

“A Muralla forma parte da vida diaria dos veciños e veciñas de Lugo pero ademais ten a súa vida propia”, lembrou o Conselleiro, facendo fincapé en que “o traballo silencioso” que se realiza día a día para que, “cando pasan cousas como o sucedido hai un mes, teñamos preparados e definidos os mecanismos necesarios e saibamos actuar rápida e eficazmente desde o primeiro momento”.

López Campos eloxiou o traballo do equipo técnico de especialistas, ao que a Xunta se encomendou “desde o principio”, e recoñeceu á cidadanía de Lugo “pola súa colaboración”, así como á empresa encargada da reparación “pola súa calidade e axilidade”.

PLAN DIRECTOR

Tamén avanzou que os traballos previstos para o período 2026/27 contemplan actuacións de mantemento e conservación por un valor dun millón de euros, “para seguir cumprindo coa folla de ruta do Plan Director da Muralla”. O conselleiro explicou que non se trata de grandes actuacións senón de seguir co traballo continuado de información e mantemento para manter a saúde deste monumento, que recibiu a catalogación de Patrimonio da Humanidade desde hai 25 anos.

Pola súa banda, Ignacio López de Riego fixo unha defensa do traballo realizado para pór en marcha este plan director, no que sinalou catro fases: conservación, xestión, difusión e participación.

Así mesmo, lembrou que os estudos realizados para a elaboración deste plan director permitíronlles traballar sabendo de antemán que no lugar había unha escaleira romana e que o colapso se debeu a unha mala actuación durante unhas obras realizadas no século pasado.

Outra das cuestións que abordou este especialista na Muralla son as distintas actuacións que se están realizado para conseguir unha convivencia coa flora e a fauna do monumento, probando novos produtos para eliminar a primeira evitando causar prexuízos, porque considera necesario “convivir” con ambas. Neste punto perfilou que os últimos estudos falan dun plan de eliminación da flora que perjuidica a estrutura con dúas curtas, unha na primavera e outra no outono.

Da mesma forma están a estudarse diferentes pavimentos para alixeirar a evacuación da auga tentando recuperar materiais e técnicas de factura romana.

Polo momento, non hai previsto ningún cambio na estrutura do monumento xa que se están realizando probas nalgúns cubos, “o que non implicaría directamente un cambio, pero si daría información para actuar no futuro se é necesario”, apuntou.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación inicia a súa axenda institucional en Cabo Verde

A Presidenta da Deputación de Lugo e Alcaldesa de Burela, Carmela López, iniciou en...

A Xunta denfende o servizo de Urxencias do HULA e o PSdeG acúsao de “tapar e ocultar”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reivindicou o servizo de Urxencias do Hospital...

O alcalde espera que o cambio na reitoría da USC signifique “maior independencia” do campus lucense

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, felicitou a Rosa Crujeiras pola súa vitoria nas...

Os clubes deportivos da provincia poden solicitar as axudas da Vicepresidencia da Deputación

O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe -12 de marzo – a convocatoria de...