InicioPolíticaA Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao...

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, desminte as acusacións de Antonio Ameijide (PP) nas que cuestionaba a súa presenza na presentación da Volta a España Feminina celebrada en Ribeira

PUBLICADA O

- Advertisement -
A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial. O comunicado sinala que a Deputación non colabora coa Vuelta a España feminina. Esta proba foi presentada este luns en Ribeira. 
O PP de Lugo acusaba a PSOE e BNG de ter enviado a José Tomé de ser enviado para representar a Deputación. Diante disto, o goberno provincial sinala que non enviou representación institucional ao acto de presentación do evento deportivo. Nega así que Tomé fose ao acto en nome da Deputación de Lugo mais si “asistiu como alcalde”.

PILAR GARCÍA PORTO

A alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, respondeu ás declaracións realizadas polo portavoz provincial do Partido Popular, Antonio Ameijide, nas que cuestionaba a súa presenza na presentación da Volta a España Feminina celebrada en Ribeira. A rexedora considera que as afirmacións do popular responden a “un intento de manipulación e de xerar unha polémica inexistente”.

García Porto explicou que a súa asistencia ao acto produciuse exclusivamente en representación do Concello de Antas de Ulla, municipio que será meta dunha das etapas da Volta a España feminina. “Estiven presente como alcaldesa dun concello que vai acoller o final dunha etapa da carreira, algo que é motivo de orgullo e unha gran oportunidade para promocionar Antas de Ulla”, sinalou.

A alcaldesa considera que as declaracións de Ameijide só poden responder a dúas posibilidades: “Ou ben descoñece como funcionan as representacións institucionais nun acto deste tipo, ou ben sabe perfectamente que o que di non é certo e intenta crear unha polémica artificial”.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...