InicioComarca de MeiraPolEscarceran unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Pol

Escarceran unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Pol

Os bombeiros actuaron para liberar á persoa atrapada, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ao lugar

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha persoa tivo que ser excarcerada este martes tras envorcar o vehículo no que viaxaba no municipio lucense de Pol.

Segundo informou o 112, ao redor das 15 horas, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Ocorreu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada.

Os bombeiros actuaron para liberar á persoa atrapada, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ao lugar.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Besteiro acusa ao PP de bloquear os grandes proxectos de Lugo durante 27 anos

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou este mércores en Lugo...