InicioTerra CháA PastorizaO PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

Os 'populares' reclaman outras actuacións "necesarias para mellorar a seguridade neste punto como habilitar unha saída cara á estrada do barrio de Paraxes e dotar a zona de iluminación"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que “actúe” na N-640 ao seu paso pola Pastoriza debido a un estado “moi deteriorado” do pavimento, sinala nun comunicado.

En concreto, indica que isto “obriga en ocasións aos vehículos a invadir o carril contrario para esquivar as fochancas, incrementando o risco de accidentes”, engade.

Os populares aluden ás queixas dos veciños e, en consonancia coas súas demandas, reclaman outras actuacións “necesarias para mellorar a seguridade neste punto como habilitar unha saída cara á estrada do barrio de Paraxes e dotar a zona de iluminación”.

En relación a esta situación, o deputado do PP no Congreso Francisco Conde e a deputada autonónomica, Nicole Grueira, mantiveron unha reunión co alcalde da Pastoriza, Darío Cabaneiro, e co tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, así como con representantes da Asociación de Veciños de Fonmiñá.

+ posts

ÚLTIMAS