InicioLugo e contornaLugoO PP de Lugo declara que o goberno local ten un déficit...

O PP de Lugo declara que o goberno local ten un déficit de xestión nas actividades extraescolares dos CEIPS

O PP de Lugo critica que o BNG “privatice o servizo e despois desenténdese das familias”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O último exemplo da caótica situación das extraescolares, que dependen do goberno local, produciuse onte, cando se cancelaron actividades en sete centros educativos da cidade. En todos os casos, a dirección dos centros recibiron o aviso entre as 12.00 e as 13.00 horas.
Para calquera nai ou pai é imposible reaccionar cun aviso a esa hora. Se o neno xa está apuntado a unha actividade é porque a familia conta con ese servizo para conciliar”, sinalan os populares. Ademais, cando os menores permanecen no centro porque quedan ao cargo de profesorado ou conserxería, non están participando na actividade para a que foron inscritos.
Desde o PP lembran que o goberno local coñecía os problemas desde o mes de novembro, pero que non foi ata que o Grupo Popular mantivo unha reunión coas familias afectadas (5 de febreiro de 2026) cando o executivo iniciou o proceso sancionador. e explicou que prorrogaría o contrato actual ata maio e que licitaría un novo contrato.
Ante este escenario, o Grupo Popular pregúntase “que vai pasar nos tres meses que quedan ata maio e reclama explicacións ao goberno local”. Así, preguntan ao goberno local sobre as medidas que adoptará o Concello para garantir as actividaes até maio. Reclamana explicacións sobre o control do Concello sobre a empresa que presta o servizo. Tamén queren saber cantas cancelacións se levaron adiante nos últimos meses en centros educativos e se se vai compensar ás familias.
Para o PP, este episodio evidencia un novo exemplo de mala xestión do BNG. “Non se pode falar de conciliación mentres se ofrece un servizo que falla continuamente e que deixa ás familias sen solucións a última hora”, conclúen.
+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...